Partido Popular de Lugo

O PP de Lugo explicou hoxe a membros da plataforma de afectados polas preferentes as medidas adoptadas polo Goberno central e o marco xurídico no que se acollen

O presidente do Partido Popular de Lugo e voceiro do Grupo Popular no Senado, José Manuel Barreiro, xunto ao secretario xeral, José Manuel Balseiro e ao deputado nacional, Joaquín García Díez, explicoulle hoxe a membros da plataforma de afectados polas preferentes as medidas adoptadas polo Goberno central e o marco xurídico no que se enmarcan .

Durante a xuntanza mantida hoxe na sede do PP provincial con membros da plataforma de afectados polas preferentes, os populares puxeron de manifesto que o Goberno central tomou dende o primeiro momento medidas e decisións para protexer aos afectados nun dobre sentido, por unha parte cunha batería de medidas que eviten que situación similares se repitan e por outra, poñendo sobre a mesa solucións reais e efectivas para os pequenos inversores atrapados polas preferentes.

 Neste senso, dende o PP reiteraron que o Goberno que lidera Mariano Rajoy dende o primeiro momento buscou fórmulas de compatibilización entre á compensación aos afectados por esta comercialización e a normativa comunitaria de axudas de Estado.

Asemade,  durante os máis de 90 minutos  de conservación cos representantes dos afectados presentes na xuntanza, os dirixentes populares tamén invitaron aos membros da plataforma a valorar estas medidas. Dende o PP queren que esta partido sexa visto como o de persoas que comprenden o problema e que traballan para darlles solucións; e non como políticos que permitiron o problema e que agora votan en contra das medidas legais adoptadas.

No marco desta xuntanza, os populares tamén recolleron as preguntas e propostas dos representantes para trasladalas ao goberno e posteriormente darlles respostas, xa que explican que dende o PP nunca se negaron ao diálogo e sempre nos enfrontamos aos problemas.