Partido Popular de Lugo

López, Díez e Iglesias: “O Goberno de España aposta por unha educación de calidade que forme perfectamente aos mozos para o seu futuro laboral”

Monforte, 15 de xullo de 2013.- Nunha rolda de prensa, celebrada, esta mañá, en Monforte de Lemos, o Senador, Dámaso López e os Deputados Nacionais, Joaquín García Díez e Olga Iglesias, explicaron tódolos aspectos clave da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa e desmentiron todas aquelas informacións que se están a decir sobre esta normativa.

Na cidade do Cabe, os tres políticos lucenses, manifestaron que España precisaba dunha reforma inmediata no que a educación se refire, posto que os datos e a situación actual así o reflicten.

“As cinco leis educativas socialistas, que entraron en vigor no noso país foron un auténtico fracaso. Entre os dramáticos resultados destas, atópanse o abandono educativo a idades temperás, máis do 25% fronte ao 13% da Unión Europea; as taxas de paro xuvenil que afectan a máis da mitade dos mozos españois con idades comprendidas entre os 15 e 24 anos, cando na UE son do 23%; o feito de que só o 65% do total da poboación comprendida entre os 25 e 35 anos remata os estudos de secundaria e a altísima porcentaxe da poboación que nin estuda nin traballa, casi un 24%”- manifestaron.

López, Díez e Iglesias aseguraron que a LOMCE pretende flexibilizar as traxectorias educativas, ofrecendo un conxunto flexible de traxectorias en función das necesidades e preferencias das familias e os alumnos pero non as impón, senón que se trata dunha elección voluntaria; recalcaron que a nova normativa da lugar a unha atención personalizada e insistiron na cultura da responsablidade e do esforzo para os alumnos, centros e para o equipo directivo e docente.

Neste senso, os tres políticos lucenses afirmaron que a reforma educativa pretende disminuír as taxas de abandono educativo a idades temperás e o fracaso escolar; mellorar as condicións para que os mozos teñan mellor e máis axeitada formación que lles permita acceder a un emprego ao rematar os estudios; diminuir o número de alumnos que repetin curso; contribuir a que non haxa diferencias entre Comunidades Autónomas; mellorar o nivel de coñecemetno en áreas prioritarias sinalizando os obxectivos de cada etapa; modernizar a formación profesional e incorporar e potenciar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación.

Finalmente, Senador e ámbolos dous Deputados Nacionais, recalcaron que  é totalmente falso que se pretenda destruir a escola pública, xa que os obxetivos van encamiñados a mellorar a calidade en tódalas escolas, sexan públicas, privadas ou concertadas; aseguraron tamén que tampouco é verdade que se destruirá emprego entre os docentes, senón o contrario, xa que a implantación da Lei requerirá máis mestres e aseveraron que esta nova normativa non pretende segregar aos alumnos en función da súa capacidade intelectual, senón que o que supón unha auténtica exclusión ou drama é a taxa de abandono educativo prematura.