Partido Popular de Lugo

O Partido Popular de Lugo mantivo esta mañá unha xuntanza con cargos públicos locais de Chantada e A Ulloa

Lugo, 13 de xullo de 2013.-  O presidente do Partido Popular de Lugo e voceiro do Grupo Popular no Senado, José Manuel Barreiro  continuou hoxe en Antas de Ulla coa serie de encontros con cargos públicos locais (alcaldes, portavoces e concelleiros). Unhas xuntanzas que teñen previsto celebrarse ao longo de todo este mes de xullo en todas e cada unha das comarcas da nosa provincia.

Nas xuntanza participou xunto a Jose Manuel Barreiro o secretario xeral provincial, Jose Manuel Balseiro, os novos coordinadores territoriais que forma parte da nova estrutura de dirección do partido, logo da celebración do XVI Congreso provincial, así como tamén os deputados nacionais, autonómicos, provinciais e senadores, en definitiva, todos os representantes da zona nas respectivas institucións.

A tal fin a dirección provincial deseñou un amplo calendario de reunións que inclúe, ademais desta segunda xuntanza, en Antas de Ulla, outras novas citas como son: nas Nogais (comarcas de Fonsagrada e A Montaña), en Vilalba (comarca da Terra Cha e Meira), Lugo capital e comarca, Sarria e un encontro en Monforte (comarca de Lemos e zona sur)

UN PARTIDO MÁIS PRÓXIMO

Jose Manuel Barreiro quere coñecer de primeira man as principais reivindicacións dos cidadáns en cada comarca e amosar o apoio da dirección provincial aos afiliados e ao traballo que realizan, os distintos Grupos Municipais en cada concello.

“Estas reunións son fundamentais para ter un mellor coñecemento da situación da provincia, trasladar as necesidades dos distintos concellos ás distintas administracións e buscar iniciativas que permitan mellorar a calidade de vida dos cidadáns” –dixo Barreiro- tras insistir en que “queremos, en definitiva, reforzar a nosa estrutura territorial para facernos un partido máis próximo ao cidadán e máis efectivo na procura de iniciativas capaces de dar respostas ás inquedanzas de cada unha das comarcas”.

As xuntanzas territoriais servirán para marcar a folla de ruta a seguir logo de terse superado o ecuador da lexislatura municipal e propoñer un punto de encontro periódico entre os distintos cargos públicos electos.