Pol, 11 de xullo de 2013.- A presidenta do PP de Pol, Ángeles Lenza, denunciou esta mañá o deplorable estado no que se atopan as estradas que conforman todo este Concello.
“As estradas de Pol necesitan un arranxo urxente. Tanto os viais municipais coma os provinciais están repletos de fochancas e de pedras que se desprenden dos buratos”- denunciou Ángeles Lenza, quen instou a Lino Rodríguez a que non permita nin un día máis esta situación e arranxe as estradas municipais inmediatamente e busque unha solución urxente para reparar tamén os viais provinciais.
A popular afirmou que esta situación está a xerar un gran malestar entre tódolos cidadáns, tanto para os veciños de Pol, como para os que utilizan estes viais, posto que ademáis de resultar moi perigoso, ten un conseguinte custe económico.
![]() |
![]() |
“Lino Rodríguez non pode esperar a que pase algún accidente ou desgracia para logo reparar as estradas”- manifestou Lenza, quen insistíu en que ademáis da perigosidade que presentan, esta situación tamén repercute no peto dos cidadáns posto que se ven na obriga de levar os seus vehículos ao taller logo de que os coches atravesen as grandes fochancas.
A popular lembra que fai un tempo o Señor Lino Rodríguez anunciou que o Concello de Pol contaba cun equipo de riego para levar a cabo estas tarefas polo que non entende como pode existir un equipo para tal fin e non usarse.
A presidenta dos populares de Pol engadíu que a este mal estado, súmase que as estradas están sen desbrozar, algo que eleva o perigo e máis agora que estamos en pleno mes de xullo, época con alto risco de incendios, e a maleza é abrumadora.
Concluíu a popular afirmando que non se pode consentir esta situación, que os conductores e viandantes non poden sufrir, nin un día máis, as consecuencias dun rexedor incompetente polo que instou a Rodríguez a que se poña a traballar “ipso facto” no arranxo de tódolos viais e nas tarefas de desbroces.