Partido Popular de Lugo

López Penabad tacha de mentireiro a Suárez Barcia e asegura que se algunha Administración está comprometida con Ribadeo é a Xunta de Galicia

Ribadeo 11 de xullo de 2013.- Farto do victimismo e da continúa liña de protestas e queixas de Fernando Suárez, o presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, instou ao rexedor a que deixe de unha vez por todas a súa tónica predominante porque, a parte de que ninguén lle cree nada, xa resulta repelente.

Referiuse hoxe López Penabad as declaracións que Suárez Barcia lanza no tocante as axudas das administracións ao concello de Ribadeo.
“Se algunha administración está comprometida con Ribadeo, esa é a Xunta de Galicia”- aseverou con contundencia o popular, quen criticou duramente ao rexedor por omitir todas as axudas que o goberno galego concede a Ribadeo.

O popular lembrou que foi a Xunta quen dotou a este concello mariñán de  socorristas (ademáis este ano incrementáronse con respecto ao ano 2012), quen se preocupou porque os areais permanezcan limpos, polos plans de promoción nos que aparece este concello e a praia das Catedrais, e porque Ribadeo se poida acoller ao plan de axudas para Municipios Turísticos.

López Penabad afirma que con estas mentiras e omisión de información, Suárez Barcia demostra a súa incompetencia, unha mala xestión que xusfitica cos seus socios de goberno na Deputación.