Lugo, 10-7-2013.- Logo de que o pasado martes, día 2 de xullo, se adxudicase a execución do desbroce de maleza das estradas provinciais de distintos concellos da provincia e que o venres, día 5 de xullo, se aprobase na xunta de goberno o plan de seguridade, a voceira do GPP na Deputación de Lugo, Elena Candia, lamentou que, outra ano máis, teñamos que soportar a liña emprendida polo Señor Besteiro, quen se apresura en lanzar anuncios sen facer os trámites necesarios para que eses anuncios se fagan realidade.
“Os lucenses volvemos sufrir un ano máis o desgoberno da Deputación de Lugo; as consecuencias dun presidente que só ve relevante lanzar informacións e sin embargo non se preocupa por traballar e facer os trámites necesarios para que eses anuncios se fagan realidade.
Refírese Elena Candia nesta ocasión as labores de desbroce, uns anuncios que o Señor Besteiro lanzou antes de tempo e que a día de hoxe se ven incumpridos posto que as empresas ainda non materializaron os contratos.
A popular insiste en que os traballos de desbroce sempre chegan tarde a provincia de Lugo e lembra que o ano pasado o equipo de goberno iniciou o 11 de xullo o proceso de contratación de desbroces, adxudicándoo o día 13 do mesmo mes.
“Estamos en pleno mes de xullo. Época de alto risco de incendios. Traballos de este tipo non poden chegar tan tarde”- aseverou Candia, quen lembrou que as estradas xa presentan, a priori, un gran perigo debido á cantidade de fochancas que teñen e que si agora lle engadimos que están sen desbrozar, o perigo multiplícase.
“Dende o grupo provincial levamos denunciando dende fai moito tempo o mal estado que presentan as estradas provinciais e alertando da perigosidade que supoñen para os conductores e viandantes”- afirmou Candia quen engadíu que agora o perigo increméntase ainda máis debido a que o Señor Besteiro non iniciou as tarefas de desbroce.
Candia lamenta que o señor Besteiro siga na liña de construír a casa polo tellado, na dinámica do anuncio, de apresurarse en publicar informacións en vez de facer os trámites oportunos para comezar coas labores de desbroce.