Partido Popular de Lugo

María Luisa Macía: “Fernández Montes conta con tódolos medios necesarios para levar a cabo as tarefas de mantenemento do colexio, se non as fai é porque non quere”

Rábade 10 de xullo de 2013.- Logo das declaracións verquidas polo rexedor de Rábade no tocante ao mantenemento do CEIP Otero Pedrayo, a presidenta e voceira do PP de Rábade, María Luisa Macía tachou de “caradura” a Fernández Montes por “escorrer o vulto” e afirmar, con toda a cara do mundo, que foron os populares os que provocaron estas deficiencias.

Lembrou María Luisa Macía que o señor Fernández Montes contou con ata dez operarios para levar a cabo estas labores, procedentes do Plan de Cooperación e do Lugo Emprega, polo que se o CEIP Otero Pedrayo se atopa nestas condicións é única e exclusivamente responsabilidade e culpa de él.

Asemade, a popular lembra que un 45% dos orzamentos vixentes destínase a partida de materiais, suministros e outros polo que nesta partida poden recollerse perfectamente as labores de mantenemento do colexio Otero Pedrayo.

Macía insta a Fernández Montes a que deixe de unha vez por todas a súa liña da mentira e se poña a traballar para solventar os problemas e necesidades dos veciños de Rábade.