Lugo, 9 de xullo de 2013.- O Partido Popular na provincia de Lugo vén de poñer en valor as medidas que está adoptando o Goberno central “con clara vocación municipalista” en apoio da sostibilidade financeira dos concellos e para evitar a morosidade.
Os populares lucenses están convencidos en que mellorar a situación dos concellos tradúcese nunha mellor prestación dos servizos aos cidadáns e que polo tanto, dispoñer dunhas facendas municipais saneadas e que pagan en tempo as súas facturas terá unha repercusión directa en beneficio dos seus veciños e das empresas locais.
MEDIDAS DE FUTURO
O PP lembra que neste ámbito veñen traballando con intensidade nos últimos tempos e que agora, como complemento ás medidas impulsadas polo Goberno, que serviron para solucionar as débedas pasadas, habilítanse novas medidas para manter estes apoios de cara o futuro.
DESTINAR REMANENTES A NOVOS INVESTIMENTOS
Así por exemplo a administración central permitirá que os concellos con superavit, destinen os remanentes de crédito a realizar investimentos nos seus municipios, en lugar de reducir débeda. En resume destinar eses cartos a financiar ás necesidades xerais e non só a diminuír a súa débeda financeira. Na práctica esto permitirá que os interventores poidan acelerar os expedientes de abono
NOVO PLAN DE PROVEDORES
Por outra banda, poñerase fin aos impagos nos que se poida ter incorrido nos últimos tempos xa que logo aprobouse un novo plan de provedores cun tipo de interese moi positivo. Ademais como gran novidade poderán compensarse de xeito voluntario pero automático as débedas que as Comunidades Autónomas teñen cos concellos.
PLAN ESPECIAL DE APOIO
O Goberno aprobou tamén un plan extraordinario de axuda aos concellos con especiais dificultades que de xeito voluntario e con condicións moi beneficiosas recibirán unha serie de axudas directas destinadas a garantir a súa liquidez.
A TODOS POR IGUAL
O PP sinala que o esforzo financeiro da administración central faise para mellorar o financiamento e garantir sostibildiade de todas as entidades locais sen distinción política ningunha.
Os populares recordan tamén que cando o PP estaba na oposición xa propoñía medidas por exemplo o plan de pago a proveedores, que eran cualificadas polo PSOE como medidas imposibles e solucións falsas e contradictorias. Agora demostrouse que desde o PP propoñíanse cousas posibles, moi sensatas e necesarias, que si se fixeran antes incluso terían contribuído a salvar miles de postos de traballo e evitar a pechadura de centos de empresas, como están a facer agora.