Ribadeo, 9 de xullo de 2013.- O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad manifestou esta mañá que, malia a época difícil que está atravesando o país, a Xunta de Galicia continúa na súa liña de preocupación e interese por dotar a Ribadeo cunha residencia.
O popular asegurou que na xuntanza mantida no día de onte entre a conselleira de Traballo e Benestar Social e representantes da plataforma pro-residencia, Beatriz Mato mostrou o seu total e absoluto apoio para que este concello conte con esta infraestructura.
López Penabad concluíu que o vindeiro día 9 de setembro volverá a ter lugar unha xuntanza entre a titular deste departamento e os membros desta plataforma; un terceiro encontro que sigue a demostrar que o PP cumpre, escoita aos ribadenses e preocúpase por darlle unha solución ás demandas dos veciños.