Partido Popular de Lugo

O PP de Samos insta ao rexedor a que limpe urxentemente as áreas recreativas e abra ao público as piscinas

Samos, 8 de xullo de 2013.- O voceiro do PP en Samos, Jose Aurelio López, denunciou esta mañá o lamentable estado no que se atopan prácticamente tódalas áreas recreativas municipais.

“Repletas de maleza e sin rozar; ata tal punto que nalgúns casos as herbas sobre pasan o metro de altura é, obviamente, é imposible camiñar ou acceder as mesmas”- criticou o popular, quen engadíu que esta situación ten un único responsable e ese é o rexedor, Julio Gallego.

López fixo especial fincapé na área recreativa de Teiguín, posto que aquí atópanse as piscinas municipais que, ademáis de estar rodeadas de maleza, a día de hoxe están pechadas ao público.

“Esta área recreativa atópase tamén en estado lamentable. Nela encóntranse as piscinas. A día de hoxe, en pleno mes de xullo, están sen abrir ao público e a área recreativa amosa un estado lamentable”- denunciou o popular quen calíficou de moi grave que o concello conte con piscinas municipais e que sexa a pasividade do rexedor o que faga que os veciños teñan que desplazarse a concellos veciños para disfrutar das mesmas.

O voceiro do PP en Samos non entende como contando con tantos recursos, o señor Gallego non leva a cabo uns traballos de conservación diarios e permita que as áreas recreativas se atopen neste estado.

“É imposible de entender como o señor alcalde, que conta con medios para tal fin, pasa absolutamente de todo, e non leva a cabo os traballos de conservación periódicos”- manifestou o popular quen lembrou que por Samos pasa o camiño de Santiago e esta situación, ademáis de danar aos veciños, perxudica a imaxe de Samos.

O popular instou ao rexedor a que inicie de maneira inmediata os traballos de limpeza das áreas recreativas e abra as piscinas inmediatamente, posto que estamos en pleno verán e está privando aos veciños do seu disfrute.