Partido Popular de Lugo

Agustín Baamonde reelexido presidente do PP en Vilalba

Lugo, 6 de xullo de 2013.- A militancia do PP de Vilalba reuníuse esta mañá no Hotel Villamartín e elexíu novamente a Agustín Baamonde presidente do PP neste concello chairego.

O que foi 15 anos rexedor neste concello, sempre elexido por maioría absoluta, preside esta formación política dende fai cinco anos, cando os populares celebraron un comité local e o elexiron presidente.

O todo un veterán no eido político, comprometeuse a seguir traballando por Vilalba e por tódolos vilalbeses, intentando satisfacer as súas necesidades e facer posible o que precisan.

Agustín Baamonde presentou o comité local, entre os que figuran: o actual rexedor, Gerardo Criado, Gloria Bodenlle, José María García-Leira, Consuelo Grandío, Iván Fernández, Luis Cazón, Ramiro Geada, Gabino Rivas, José Janeiro, María Cruz Vázquez, Juan Manuel Cancio, Faustino Díaz, Manuel Rodríguez, María Josefa García, María Esther Baamonde, José Franco, Miguel Díaz (NNXX) e José Roberto Otero (NNXX).

No conclave participaron o presidente provincial, José Manuel Barreiro e o secretario xeral, José Manuel Balseiro, así coma outros cargos políticos da zona.

José Manuel Barreiro comezou a súa intervención lembrando a Don Manuel Fraga. Recordou a relación persoal co político vilalbés e destacou que tivo a honra de poder estar con él no último goberno da Xunta de Galicia e quizáis, “o maior orgullo foi e é a gran herdanza de Don Manuel, que é exemplo da súa vida en canto ao seu compromiso co conxunto da sociedade”- manifestou.

“Hoxe estamos nunha terra especial. Na vila natal dun político que si por algo se definía e representaba era pola súa auténtica vocación de servizo e compromiso”- manifestou Barreiro en relación a Don Manuel Fraga Iribarne, quen mostrou a súa satisfacción porque os políticos desta terra continúen a liña de traballo do seu antecesor.

Resaltou José Manuel Barreiro o traballo do reelexido presidente dos populares de Vilalba e lembrou que o seu esforzo e a súa constancia sempre foi recompensada e premiada polo vilalbeses, que elección tras elección, fixeron que Agustín acadase aplastantes maiorías absolutas.

FORMACIÓN E EXPERIENCIA POLÍTICA DE AGUSTÍN BAAMONDE

Natural de Vilalba, Agustín Baamonde naceu o día 8 de maio de 1950. Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi nomeado en 1987 Primeiro tenente de alcalde do concello vilalbés. No ano 1990 substituíu como rexedor municipal a José María García Leira e foi elexido rexedor por maioría absoluta. Continuou como alcalde durante 15 anos, obtendo sempre maioría absoluta, nas sucesivas eleccións,  ata o 12 de maio de 2005, que deixou o cargo ao ser elexido deputado no Parlamento de Galicia.

Foi deputado provincial desde o ano 1991 ata maio de 2005. Na actualidade continúa exercendo de deputado autonómico, preside a Comisión Primeira e é voceiro nas áreas de televisión, lingua e cultura. Agustín Baamonde tamén está na Comisión de Control da Radio Televisión de Galicia.