O Valadouro, 5 de xullo de 2013.- A casa da cultura de O Valadouro acolleu esta tarde o congreso local dos populares. Unha cita congresual na que José Manuel Lamela, exalcalde deste concello, obtivo o apoio unánime dos afiliados e militantes para continuar exercendo a Presidencia do Partido Popular.
O reelexido presidente tamén deu conta do equipo de persoas que lle acompañarán no comité local, entre os que figuran, como importante novidade, o presidente de honra: Eulogio Fernández e os vicepresidentes honorarios: Ramón Cao e Antonio Lourenzo.
Como secretaria da dirección local dos populares do Valadouro foi nomeada Margarita Fernániosez; tesoureiro, Promencio Cuba; vocais: Cesáreo Seara, Eva Daura, Teresa Galdo, José Souto, Julio Expósito, José Manuel Paleo, Gimes Cao, Cándido Rodríguez e Edgar Cao.
Lamela estivo respaldado polo presidente provincial dos populares lucenses e Portavoz do PP no Senado, Jose Manuel Barreiro e polo secretario xeral do PPdeLugo, Jose Manuel Balseiro, ademais doutros cargos públicos electos.
Comezou José Manuel Barreiro a súa intervención destacando a labor do presidente, e lembrou o acontecemento inédito que tivo lugar fai pouco máis dun mes neste concello, cando un insólito pacto económico entre o partido socialista e os independentes de UDIVAL, co apoio do BNG, serviu para desbancar da alcaldía a Lamela.
“Deron por bo que a gobernabilidade do Valadouro teña un prezo. Converteuse a alcaldía nunha transacción mercantil: quen rompa o pato paga 100.000 euros”- lembrou Barreiro quen “tachou de mercader político a Besteiro por autorizar estes amaños”.
Dixo tamén que si tan estupendo é este proceder, terán que explicar como algo máis de 30 días despois de asinar ese documento aínda segue a ser un gran segredo, cuxo contido íntegro se agocha ao coñecemento dos veciños.
BIOGRAFÍA E TRAXECTORIA POLÍTICA
Jose Maneul Lalema naceu en O Valadouro en en 1953. É un político cunha longa traxectoria na responsabilidade e xestión municipal. Dende o ano 1999 é concelleiro polo PPdeG nesta localidade.
Mestre Industiral, nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía do Valadouro e, logo de obter este importante apoio veciñal foi elixido alcalde como cabeza da lista da formación política máis votada, responsabilidade que exerceu ata que tivo lugar a moción de censura
REUNIÓN CON CONCELLEIROS DA MARIÑA
Con carácter previo á celebración da congreso local do Valadouro, Jose Manuel Barreiro presidiu unha xuntanza con alcaldes, presidentes locais, portavoces e concelleiros do Partido Popular da Mariña. Trátase dun encontro territorial, no que tamén participou o secretario xeral Jose Manuel Balseiro e o coordinador da zona, Jose María González Barcia, que sirve como reunión para coñecer de primeira man as principais inquedanzas da comarca e os principais retos a executar. Tamén serviu para abordar diversos asuntos de actualidade.