4 de xullo de 2013.- Os Grupos Municipais do Partido Popular rexistrarán ao longo dos vindeiros días unha moción para o seu debate nos plenos de todos os concellosda provincia con fin de que os partidos manifesten o rexeitamento fronte a calquera tipo de acción terrorista ou declaracións que xustifiquen a violencia.
Convén recordar que desde o ano 2006 Galicia padece actos violentos de terrorismo levados a cabo por Resistencia Galega, unha organización terrorista que utiliza artefactos explosivos contra oficinas bancarias, de emprego, ou sedes de partidos políticos ou sindicatos.
Os populares sinalan a importancia de poñer de relevo este rexeitamento sobre todo despois das polémicas declaracións do voceiro de AGE, Xosé Manuel Beiras, que consideraba un mero exercicio de indignación por parte de Resistencia Galega o que para a Xustiza é un procedemento penal por condutas tipificadas como actos terroristas.
Desde o PP consideran inaceptable que un representante público como é Beiras xustifique e reste importancia aos actos desta banda terrorista. Precisamente o obxectivo desta moción é non só o de que todos os partidos manifesten o seu rexeitamento cara o terrorismo senón tamén que aclaren a súa postura respecto a declaracións de dubidosa ética como as de Beiras.
PROPOSTA DE ACORDO
Os populares elevan aos plenos locais unha moción para que se adopte un acordo expresando o “rexeitamento e condena ao terrorismo, e por suposto o levado a cabo por Resistencia Galega”; solidaridade “coas víctimas destes atentados” e apoio “ás Forzas e Corpos de Seguridade na súa tarefa de posta a disposición da Xustiza dos responsables destas actos”; e rexeitamento a “calquer tipo de acción ou declaración que xustifique, ampare ou lexitime a violencia terrorista, especialmente se proceden de representantes públicos”.