Lugo, 4 de xullo de 2013.- O Partido Popular de Lugo celebrou unha reunión de coordinación cos portavoces, presidentes locais e concelleiros do PP dos municipios lucenses onde exercen a tarefa de oposición.
A reunión estivo presidida por Jose Manuel Barreiro, presidente do PPdeLugo e portavoz do Grupo Popular no Senado e tamén asistiu o secretario xeral, Jose Manuel Barreiro e o xerente provincial, Manuel Platero.
ALTERNATIVA DE GOBERNO
O encontro serviu para abordar a situación política destes municipios e a estratexia común a seguir. O PP provincial reforzará a coordinación política con estas Xuntas Locais e incrementará o número de iniciativas que se van a presentar nos distintos concellos como propostas de alternativa de goberno e para o cambio neses municipios.
Do mesmo xeito, ten previsto intensificarse o número de actos e reunións con representantes destas localidades para continuar á súa disposición desde as institucións nas que o PP está presente.
A reunión serviu tamén para analizar a situación socioeconómica destas localidades onde os gobernos socialistas e/ou nacionalistas agravan a de complicada situación xeral, ante a falta de iniciativa e a incapacidade de poñer en marcha as medidas necesarias para ser dos primeiros en saír da crise que vén atravesando o país nos últimos anos.