Ribadeo, 3 de xullo de 2013.- Repletas de fochancas. Así se atopan as estradas ribadenses de Vilandrid e Villaguiz. Unha situación que está a xerar un gran malestar entre os veciños e conductores que transitan por estes viais municipais.
Foi o presidente do partido popular en Ribadeo, Jesús López Penabad, o que esta mañá, denunciou este lamentable estado e instou ao Señor Suárez Barcia a arranxar de xeito inmediato estes viais, antes de que se produzca un incidente ou desgracia.
“Suárez Barcia ten que arranxar inmediatamente estes viais. Necesitan dunha reparación urxente. Non pode esperar a que pase algún incidente ou desgracia para logo arreglalas”- manifestou López Penabad, quen lamentou que mentras tanto os viandantes se atopen con este estado e os conductores soporten esta situación, que ademáis de supoñer perigo, danan os vehículos e supón a continuación un gran custe económico.
O popular instou a Suárez Barcia a que se poña a traballar e a solventar os problemas cos que se encontra Ribadeo e os ribandeneses, neste caso concreto, no arranxo destas estradas que están pedindo unha reparación urxente.