O Valadouro, 2 de xuño de 2013.- O Partido Popular do Valadouro dixo hoxe que as reiteradas declaracións de Edmundo Maseda en relación coas dificultades coas que se atopou tras chegar á alcaldía como consecuencia da falta de aprobación dos orzamentos municipais, demostran a ignorancia política na que veu incorrendo o seu partido ao bloquear a aprobación das contas locais e, o que aínda é máis grave, o moito dano que a actitude da entonces oposición provocaba na xestión diaria do concello.
Os populares aseguran que si Edmundo Maseda sendo concelleiro descoñecía o funcionamento máis básico do seu concello non pode ser agora un bo alcalde e, polo tanto, están convencidos de que a nova responsabilidade lle ven grande.
BURLA AOS VECIÑOS
Desde o PP consideran unha burla aos veciños que o actual rexedor leve semanas queixándose nos medios de comunicación dun problema que o seu partido, e o resto das formacións da entonces oposición, contribuíron a crear: a falta de aprobación dos orzamentos municipais. Lembran ademais que pese as reiteradas advertencias do PP sobre as dificultades que xeraba na xestión diaria municipal a falta de aprobación das contas locais, as forzas da oposición fixeron oídos xordos e, ata en dúas ocasións, rexeitaron os orzamentos sen ser capaces de ofrecer ningunha alternativa
“Agora di lamentarse da falla de persoal para traballar fóra das dependencias administrativas, pero cando era o xefe da oposición bloqueaba os orzamentos que permitirían contratar novos traballadores. Agora di que as máquinas de desbroce están obsoletas pero cando era xefe da oposición votaba en contra dos orzamentos que contemplaban mercar unha nova. En definitiva, agora parece darse conta –demasiado tarde- do moito dano que lle fixeron a este concello coa súa actitude de bloqueo. Solo esperemos que a súa inexperiencia non siga facendo máis dano ao concello”.