Partido Popular de Lugo

O PP nomea a Ramiro Moure presidente do PP de Taboada

Lugo, 29 de xuño de 2013.- A casa da cultura de Taboada acolleu esta mañá o congreso local dos populares. Un conclave no que o actual rexedor, Ramiro Moure, foi elexido presidente da formación política neste concello chantadino.

O recén elexido presidente, rexedor de Taboada, e coordinador territorial da comarca de Chantada, comezou o seu discurso felicitando ao presidente saínte, José Jesús Ramos Ledo, por tódolos seus logros e bo facer.

“É para min unha honra continuar co traballo que comezaches” afirmou Ramiro Moure, quen se comprometeu a seguir a liña do seu antecesor para seguir gañando as eleccións.

Moure apostou pola unidade do partido e asegurou que “temos que estar máis unidos que nunca polas necesidades actuais e ofrecer as novas propostas para o pobo de Taboada”

O recén elexido presidente apostou por seguir na mesma liña de traballo, atendendendo sempre as necesidades dos veciños, dende a cautela e constancia.

O recén elexido presidente presentou o comité local entre os que figuran: presidente de honra: José Jesús Ramos Ledo; secretario xeral: Luis Gómez; secretarios de área: Isabel Fidalgo, Sonia Conde, Pedro Rodríguez; vocais: David Rodríguez; Jesús Ángel López; Jorge Sobrado; Dulce María Montes, Manuel Fidalgo, Plácido Moure, Luis Avelino Porto, Lorena García e Noemi Fernández.

O presidente provincial, José Manuel Barreiro, calificou o conclave como un acto sinxelo pero con transcendencia e dun proceso de afianzamento do futuro.

Agradeceu Barreiro ao presidente saínte o seu traballo e destacou a gran amizade que manteñen. Dixo que José Jesús Ramos Ledo deixa a Presidencia en Taboada pero sigue a ser unha peza fundamental coa que o PP sigue contando, tanto en Lugo coma en Galicia.

“Pepe Ramos é un gran xestor, foi 22 anos alcalde, facía numeracións de actuacións relevantes e consolidou unha estructura de partido tan importante que nunca se perderon unhas eleccións; gañando con grandes diferencias”- manifestou Barreiro quen afirmou que poucas persoas poden aunar a faceta política e de xestor institucional como Ramos Ledo.

“Hoxe estamos de noraboa porque queda ao frente do PP de Taboada unha persoa acreditada políticamente que leva moitos anos no partido, unha persoa que nos últimos 4 anos demostrou que é un gran alcalde”- manifestou Barreiro quen resaltou do novo presidente a súa cercanía cos veciños e que soupo gañar as eleccións con grandes resultados (seguir a liña do seu antecesor)

BIOGRAFÍA E TRAXECTORIA POLÍTICA DE RAMIRO MOURE

Este mestre industrial, nado o 8 de setembro de 1958, é funcionario de Institucións Penitenciarias (Prisións) e xa ten unha gran experiencia na política. Afiliado ao PP dende o 31 de enero de 1997, foi  en xullo de 2009 cando pasou de ser tenente de alcalde a rexedor, posto que foi nese ano cando o daquelas alcalde, José Jesús Ramos Ledo, foi nomeado delegado territorial de educación e deixou o bastón de mando a Ramiro Moure.