Partido Popular de Lugo

José Manuel Lamela único candidato que aspira a ser reelixido presidente do Partido Popular do Valadouro

O Valadouro, 29 de xuño de 2013.- Jose Manuel Lamela, exalcalde do Valadouro, aspira a seguir liderando o Partido Popular local tras ser o único candidato en optar oficialmente ao cargo, unha vez que rematou o prazo de presentación de candidaturas.

A súa reelección, sempre que obteña o respaldo dos militantes, terá lugar o próximo venres 5 de xullo, a partir das 20.30 horas, na Casa da Cultura do Valadouro.

Ao acto están chamados os militantes do partido que poderán escoller de xeito directo á nova dirección dos populares do Valadouro. Lamela estará respaldado no Congreso polo presidente provincial dos populares lucenses e Portavoz do PP no Senado, Jose Manuel Barreiro e polo secretario xeral do PPdeLugo, Jose Manuel Balseiro, ademais doutros cargos públicos electos.

Jose Manuel Lamela, nado no Valadouro en 1953, é un político cunha longa traxectoria na responsabilidade e xestión municipal xa que logo é concelleiro polo PPdeG nesta localidade desde o ano 1999.

Mestre Industiral, nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía do Valadouro e, logo de obter este importante apoio veciñal foi elixido alcalde como cabeza da lista da formación política máis votada. En xuño de 2013 foi desprazado da alcaldía por unha moción de censura.