Lugo, 27 de xuño de 2013.- “De preocupante a alarmante”. Así describíu a voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, a tónica predominante empregada polo señor Gómez Besteiro, a quen os asuntos de principal importancia para o Organismo que preside parecen darlle absolutamente igual e non importarlle.
Nesta ocasión, Elena Candia, refírese, concretamente, ao acontecido na tarde de onte, posto que “convoucouse a unha reunión do Consello Provincial de Cooperación e Asistencia, órgano que o propio Gómez Besteiro puxo en marcha xunto ao ex deputado, Juan José Díaz Valiño, e no que agora non cree- manifestou Elena Candia, quen criticou duramente que non asistise nin o presidente, nin vicepresidente, nin ningún dos seus socios de goberno.
“Ausencia nas xuntas de goberno, nas xuntanzas de portavoces, a última, para tratar o futuro sobre o legado da colección de pezas de Álvaro Gil…”- é a tónica emprendida por Besteiro, criticou Candia, quen engadeu que os populares, malia a non crer nestes “chiringuitos” postos en marcha polo señor Besteiro, asisten as convocatorias, e proba disto está na presenza, no día de onte, do rexedor de Portomarín, Juan Serrano, quen visto o que está a acontecer, xa anunciou que non volverá a outra convocatoria deste tipo.
Pola súa banda, Juan Serrano manifestou que dende que se creou o Consello Provincial de Cooperación e Asistencia (en decembro do ano 2011), a Deputación convocou a dúas xuntanzas: unha o 30 de marzo de 2012 e outra no día de onte; e a ningunha asistíu o propio Gómez Besteiro.
Lembrou o popular, que na primeira xuntanza, en marzo de 2012, vista a ausencia de Besteiro, presentou un rogo onde asegurou que lle gustaría que a cooperación pasase dos papeis e declaración pública dos feitos, polo que pedíu unha reflexión seria, e do contrario, non sería hipócrita non estaría disposto a acudir a este consello, en representación do seu partido, para bendecir ao goberno provincial, polo que pedíu un respecto institucional e cooperación igualitaria.
Juan Serrano, quen calificou de “desplante” a ausencia de Besteiro, lembrou que o Consello foi un órgano que o presidente creou, que non ten poder executivo, senón de consello, de información e que os cidadáns piden acordos entre os partidos para intentar solventar as problemáticas.
“A cidadanía pide acordos entre os partidos, que se trasladen melloras substanciais a súa vida”- manifestou o popular, que instou a Besteiro a que se deixe de chiringuitos paralelos posto que os políticos temos obriga de responder ao que nos pide e non é outra cousa que solucionar os seus problemas”.