Partido Popular de Lugo

Agustín Baamonde único candidato á presidir o PP de Vilalba

Lugo, 27 de xuño de 2013.- Cerrado o prazo para presentarse como candidato á presidencia do PP de Vilalba, Agustín Baamonde, foi o único que presentou a súa candidatura.

O actual presidente do Partido Popular en Vilalba aspira a seguir liderando á formación política co respaldo do Congreso que se celebrará o sábado 6 de xullo e no que o conxunto da militancia poderá escoller de xeito directo á nova dirección.

Previsiblemente, Agustín Baamonde será reelexido presidente local nun conclave que terá lugar o vindeiro sábado día 6 de xuño, ás 12:00 horas, no Hotel Villmartín, en Vilalba.

FORMACIÓN E EXPERIENCIA POLÍTICA

Natural de Vilalba, Agustín Baamonde naceu o día 8 de abril de 1950. Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi nomeado en 1987 Primeiro tenente de alcalde do concello vilalbés.

No ano 1990 substituíu como rexedor municipal a José María García Leira e foi elexido alcalde por maioría absoluta.Continuou como rexedor durante 15 anos obtendo sempre maioría absoluta nas sucesivas eleccións,  ata o 12 de maio de 2005, que deixou o cargo ao ser elexido deputado no Parlamento de Galicia. Foi diputado provincial desde o ano 1991 ata maio de 2005 e é membro do Comité de dirección provincial do PP. Na actualidade, continúa na función de Deputado Autonómico, preside a Comisión Primeira e é portavoz nas áreas de Cultura, e na Comisíon de Control da Radio Televisión de Galicia.