Partido Popular de Lugo

A XUNTA IMPULSA UN PLAN PARA OFRECER 567.458 METROS CADRADOS DE SOLO INDUSTRIAL NA PROVINCIA DE LUGO “MÁIS ACCESIBLE, A MELLOR PREZO E EN MELLORES CONDICIÓNS DE PAGAMENTO”

Lugo, 21 de xuño de 2013.- O Partido Popular d eLugo quere poñer en valor o plan anunciado pola Xunta no día de onte e sinala que só na nosa provincia ofértanse 567.458,74 metros cadrados de solo industrial dun xeito “máis accesible, a mellor prezo e en mellores condicións de pagamento”.

Trátase, en resumidas contas de abaratar os prezos do solo, de ofrecer facilidades de pago para empresas e emprendedores naqueles parques industrias da nosa comarca con parcelas dispoñibles e que foron promovidos pola administración autonómica. A medida busca  contribuír a xerar novas oportunidades de emprego e servir de pulo para a reactivación económica.

Os populares explican que na provincia de Lugo os concellos de  Lugo (As Gándaras), Bóveda, Barreiros, Cervo (Cuiña), Guitiriz, Foz, Viveiro (Landrove), Lourenzá, Monterroso, Cospeito (Muimenta), O Corgo, Palas de Rei, A Pontenova, Quiroga, Vilalba, Xermade teñen de preto de 300 parcelas dispoñibles (273) cuxos futuros propietarios poden beneficiarse destes apoios.

Desde o PP lembraron as palabras do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen explicou que impulsou este paquete de medidas e apoios para que os que queiran investir en solo industrial en Galicia “saiban onde poden facelo e que, neste momento, é máis sinxelo que nunca facelo”.

Póñense así en marcha medidas distribuídas fundamentalmente en dúas liñas: realizar importantes descontos no prezo do solo e facilitar o pago, e, en segundo lugar, fomentar a colaboración con todas as administracións –fundamentalmente concellos- para vender máis solo industrial.

BONIFICACIÓNS DE ATA O 20 E 50%

En concreto, a administración autonómica impulsará –a través da empresa pública Xestur- as seguintes medidas económicas de fomento da venda de solo empresarial:

· Unha bonificación do 5 por cento do prezo da parcela para os interesados que simplemente se inscriban no rexistro de demandantes de solo industrial aberto o pasado luns no Diario Oficial de Galicia

· Descontos por pago ao contado, por volume de compra, de acordo as seguintes liñas: no caso de parques rematados hai máis de 5 anos, o desconto será de ata o 10 por cento, e cando o importe da compra supere os 500.000 haberá unha bonificación extra do 5 por cento, mentres que nas contías inferiores a esa cantidade o desconto será do 3 por cento. SE operación engloba tres ou máis parcelas, haberá un desconto adicional doutro 2 por cento.

Xunto con isto destacou que, no caso das naves e industrias emprazadas fóra de ordenación, se establecen condicións especiais para facilitar o traslado a polígonos industriais. Neste caso, sinalou, a achega dos Xestures será dun desconto do 3 por cento sobre o prezo de venda que se ven sumar aos descontos anteriores. Finalmente, avanzou que se ofrecerán parcelas singulares a baixo prezo, con descontos que oscilan entre o 5 e o 50 por cento. Polo tanto, destacou, estamos cunha batería de descontos que serán de media do 20 por cento.

Ao carón destes incentivos, o Goberno galego acordadas as medidas destinadas a facilitar o pagamento do solo industrial, contemplando o aprazamento de ata en cinco anos. Ademais, Balseiro quixo subliñar que se abre a posibilidade de establecer o dereito de superficie por 30 anos prorrogables e, en terceiro lugar, se crea a oportunidade de aluguer con opción a compra.

FOMENTO DA COLABORACIÓN

Non só a Xunta pretende impulsar estes apoios a motu propio xa que logo, como explican desde o PP, ten previsto desenvolver vías de colaboración con concellos e entidades bancarias. Esta colaboración empezará polas propias consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e de Economía e Industria, que dará lugar a unha liña de subvencións a fondo perdido para a compra de superficie empresarial e rematará coa implicación daqueles concellos que queiran participar con descontos de ata o 90 por cento das taxas e impostos aos compradores e ás PEMEs locais e comarcais.

Procurarase tamén unha liña de colaboración coas entidades bancarias para facilitar o financiamento das operacións da venda de solo empresarial da comunidade autónoma.

ANEXO

 

 

PARQUE

 

SUPERFICIE DISP M2

 

Nº DE PARCELAS DISP

 

As Gándaras

 

283.006,00

 

82

 

Barreiros  2ª fase

 

32.572,00

 

33

 

Bóveda 1º fase

 

941

 

1

 

Bóveda 2ª fase

 

2.338,00

 

3

 

Cuíña (Cervo) P. C

 

58.105,41

 

20

 

Foz

 

9.428,00

 

3

 

Guitiriz fase II

 

6.021,00

 

3

 

Landrove (Viveiro

 

51.921,70

 

27

 

Lourenzá 2ª fase

 

13.352,46

 

12

 

Monterroso

 

56.981,00

 

47

 

Muimenta

 

2.704,00

 

1

 

O Corgo

 

12.172,00

 

3

 

Palas de Rei

 

4.927,92

 

7

 

Pontenova

 

3.767,12

 

3

 

Quiroga

 

4.019,00

 

4

 

Vilalba

 

14.076,13

 

12

 

Xermade 2ª fase

 

11.126,00

 

12

 

 

567.458,74

 

273

 

 

 

 

Total Lugo

 

567.458,74

 

273