Partido Popular de Lugo

O PP esíxelle a Gómez Besteiro que presente un plan de viabilidade que garanta e de seguridade ao futuro do CB Breogán SAD

Lugo, 19 de xuño de 2013.- A voceira do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo, Elena Candia, e o voceiro municipal do PP, Jaime Castiñeira, ofreceron esta mañá unha rolda de prensa onde anunciaron a presentación, nos respectivos organismos, Deputación e Concello, dunha moción para esixirlle a Gómez Besteiro e Orozco que presenten un plan de viabilidade que garanta e de seguridade ao futuro do CB Breogán SAD.

“Demandamos un compromiso estable e firme da Deputación de Lugo co único obxectivo de garantir a viabilidade dun club de transcendental importancia para a provincia”-manifestaron, quenes engadiron que pedirán explicacións ao señor Besteiro ante a aprobación, en xunta de Goberno, da iniciación do procedemento de alleación das 74.797 accións do club baloncesto.

Os populares tacharon de deplorable o comportamento que o Señor Besteiro e os seus socios de goberno, están a demostrar co deporte lucense, neste caso co CB Breogán, e aseveraron que o seu partido non permitirá que dous deputados, dunha coorporación de 25, utilicen políticamente un club de gran historia e trascendencia para a provincia.

“A Deputación de Lugo está a utilizar políticamente a un club deportivo de historia e con gran transcendencia para tapar as consecuencias da súa decisión de negar o apoio ao CD Lugo”- manifestaron, quenes afirmaron que o Organismo provincial está a abandonar, sen planificación, sen seguridade e sen brindar o futuro do club, e non o fan por falta de diñeiro público, xa que levan investindo nel máis de 4 millóns de euros dende o ano 2009.