Partido Popular de Lugo

Candia: “Lugo sufre unha vez mais as consecuencias de ter un presidente na Deputación, máis preocupado pola súa carreira política que polas necesidades da provincia”

Lugo, 18 de xuño de 2013.- O Grupo Provincial do Partido Popular, critica de xeito moi contundente as actitudes do Sr. Besteiro, a quen lle pide unha vez máis, “ que non priorice o seu ascenso político a costa dos veciños da provincia de Lugo, máxime cando se está a tratar de temas de especial sensibilidade e que beneficiarían de xeito claro ás persoas máis necesitadas”.

Así o aseguran tras coñecerse que a Xunta de Galicia destina 11,6 millóns de euros para financiar servizos sociais e políticas activas de emprego logo de ter asinados tres convenios cos presidentes das Deputacións da Coruña, Pontevedra e Ourense, uns apoios aos que non quixo sumarse a Deputación de Lugo xa que José Ramón Gómez Besteiro é o único presidente provincial que non asistiu ao encontro a pesar de ser invitado –institucionalmente- as dúas últimas reunións nas que se acordou o texto asinado e os apoios económicos a recibir.

“É imposible que un convenio que é bo para o resto das provincias galegas, sexa malo para Lugo” –dixo Elena Candia, portavoz popular no ente provincial quen tamén asegurou que “os lucenses sufrimos as consecuencias de ter un presidente que so busca a foto, e que a provincia nunca é a súa prioridade”

Os populares insisten en que a negativa de Besteiro é en realidade un desprezo ás necesidades dos desempregados e dos usuarios dos servizos sociais da nosa provincia e todo por razóns partidistas, alleas aos intereses dos veciños desta provincia.

REINCIDENTE

Este comportamento por parte do Besteiro non é novo senón que, como lembraron desde o PP volvera a repetirse xa “que o presidente provincial unha vez máis, cegado polo afán da confrontación política”, deixa a Lugo sen a posibilidade de recibir 400.000 euros para desempregados lucenses.

En todas as ocasións Besteiro demostrou un importante grado de desinterese e despreocupación, “a esta segunda reunión a que foi convocado, non asistiron nin presidente nin vicepresidente”.

Os populares tamén cuestionan que Besteiro pretenda enganar á poboación dicindo que a pretensión da Xunta era impoñer unilateralmente os convenios, cando o certo é que se celebraron varias reunións as que foi sempre convidado e o propio convenio foi aceptado por tres dos catro presidentes provinciais. “Besteiro quedase so no rexeitamento do mesmo”-conclúen os populares.

APOIO DA XUNTA DE GALICIA A LUGO

Os populares defenden que a pesar de Besteiro, a Xunta de Galicia investirá en 2013 un total de 96 millóns na provincia, dos que 72 será para área social e 24 para laboral. É de destacar os preto de 9 millóns de euros destinados a axuda no fogar para persoas dependentes.

A Deputación de Lugo elude as súas responsabilidades e incumple unha lei creada polo goberno autonómico bipartido e non cumpre coas súas competencias.