Partido Popular de Lugo

Ramiro Moure será elexido presidente do PP de Taboada nun congreso local que terá lugar o vindeiro día 29 de xuño

Lugo, 15 de xuño de 2013.- Segundo deu a coñecer hoxe a dirección provincial do Partido Popular en Lugo, Ramiro Moure, foi proclamado candidato á presidencia do Partido Popular de Taboada logo de constatar que a súa é a única candidatura presentada tralo remate do prazo oficial para poder facelo.

Este mestre industrial, nado o 8 de setembro de 1958, é funcionario de Institucións Penitenciarias (Prisións) e xa ten unha gran experiencia na política. Afiliado ao PP dende o 31 de enero de 1997, foi  en xullo de 2009 cando pasou de ser tenente de alcalde a rexedor, posto que foi nese ano cando o daquelas alcalde, José Jesús Ramos Ledo, foi nomeado delegado territorial de educación e deixou o bastón de mando a Ramiro Moure.

No conclave local estarán presentes o presidente e secretario do PP de Lugo, José Manuel Barreiro e José Manuel Balseiro, o presidente saínte, José Jesús Ramos Ledo e demáis autoridades políticas da zona.

Será o vindeiro día 29 de xuño, cando os militantes, de xeito directo, elixan, á nova dirección local no congreso.