O Valadouro, 15 de xuño de 2013.- O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular do Valadouro, Jose Manuel Lamela, acudirá á Casa do Concello este mércores ás doce da mañá, para intentar consultar o documento notarial que inclúe o pacto de Goberno e que, ata o momento, socialistas, independentes e nacionalistas –que son os grupos asinantes- manteñen oculto.
Os populares rexistraron onte no Concello unha solicitude de acceso a este documento o pasado venres 7 de xuño sen obter resposta por parte dos servizos municipais. A normativa vixente (artigo 14 do ROF) indica que esta petición de acceso entenderase concedida por silencio administrativo no caso de que o Alcalde non dite resolución ou acordo denegatorio transcorridos cinco días, a contar desde a data de solicitude.
Jose Manuel Lamela lembra os compromisos incumpridos polas forzas asinantes da moción de censura de facer público este documento e sinala que por parte do actual bipartito se están a atopar todo tipo de atrancos que esperan poidan resolverse o vindeiros luns. Asegura tamén que tanto os populares como os veciños empezan a preguntarse que será o que conten ese documento notarial para que non queiran facelo público.
O Grupo do PP, sinala –nun escrito rexistrado o venres no Concello- que non está no seu ánimo perturbar o traballo do persoal administrativo e que a única pretensión do PP é desenvolver esta labor de xeito compatible co normal desenvolvemento dos servizos municipais, pero indican que facultados polo silencio administrativo porán todos os medios para que os seus dereitos como representantes dos veciños non se vexan vulnerados