Lugo, 14 de xuño de 2013.- O mesón O Túnel, acolleu esta tarde- noite o congreso local do PP de O Incio. Un conclave no que José Álvarez, foi elexido presidente.
Será por tanto, este avogado, nado en 1980, o que lidere esta nova candidatura, cargo que ata o de agora viña exercendo José Antonio Valcarcel, e quen decidiu non presentarse á reelección tra-la súa traxectoria ao fronte do PP neste concello.
Durante o transcurso do acto, Álvarez Vázquez explicou que asume este novo reto co obxectivo de fortalecer o partido coa vista posta a engraxar a formación política de cara aos comicios electorais e recuperar a alcaldía.
O recén elexido presidente nomeu o comité executivo entre os que figuran: secretaria Xeral: Ana María Vizcaíno González; vocais: José Antonio Valcarcel, Daniel Arias, Inés Fernández, Antonio Rodríguez, Daniel Magdaleno, Manuel López, Tamara Frean, José Antonio Loureiro, Sandra Fernández e Luis Eugenio Vizcaíno. Como natos, figuran: Ángel Camino, Goretti Díaz e Maira Frean.
En dito conclave estiveron presentes o presidente dos populares lucenses, José Manuel Barreiro, o secretario xeral do PPdeLugo, José Manuel Balseiro así coma outros cargos políticos da zona.
FORMACIÓN E EXPERIENCIA POLÍTICA JOSÉ ÁLVAREZ VÁZQUEZ
Natural de O Incio, naceu o 4 de xaneiro de 1980. Está casado e é avogado de profesión. Actualmente exerce de asesor nunha empresa de transportes.
No tocante a súa experiencia política, José Álvarez foi de número dous na lista nas pasadas elección municipais.