Lugo 13 de xuño de 2013.- A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, denunciou, esta mañá, a falta de mantemento e o estado de total abandono no que se atopan elementos presentes no Río Rato.
![]() |
![]() |
A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, denunciou, esta mañá, a falta de mantemento e o estado de total abandono no que se atopan elementos presentes no Río Rato. A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, denunciou, esta mañá, a falta de mantemento e o estado de total abandono no que se atopan elementos presentes no Río Rato.
Tras unha visita a zona, Candia lamentou o pasotismo e a falta de atención por parte do señor Besteiro nesta zona verde lucense asegurando que non se preocupa, en absoluto, por este entorno natural.
![]() |
“No mes de abril producíuse un incidente neste lugar polo mal estado no que se atopaban as varandas dun miradoiro. Dous meses despois, siguen sendo notorias as faltas de mantemento, sobre todo, nos lugares que non están nun primeiro plano”- criticou Elena Candia, quen considera de urxencia labores de conservación especialmente naqueles elementos que garanten seguridade.
Insiste a popular que en estructuras delicadas e que requiren atención, tales como a madeira, elemento que foi fai dous meses o detonante dun suceso, a Deputación ten que levar a cabo un riguroso control, máis ainda agora, que está deteriorada debido as fortes choivas e a mala climatoloxía deste inverno.
Denunciou Elena Candia a falta de preocupación do Señor Besteiro no tocante a esta zona posto que “non se preocupa en absoluto da mesma e non arranxa os estragos; sendo a situación de abandono moi notoria.
“Atopámonos cun muíño, un elemento cun valor cultural importantísimo, en total situación de abandono”- denunciou Candia que afirmou que dende que o bipartito chegou a Deputación de Lugo, non se preocupou polo mantemento desta zona verde.
Concluíu a popular afirmando que a proxección de parques e entornos naturais e totalmente positiva pero cos coidados e mantementos axeitados.