Partido Popular de Lugo

María Ángeles Lenza proclamada candidata á presidencia do Partido Popular de Pol

Lugo, 13 de xuño de 2013.- Segundo deu a coñecer hoxe a dirección provincial do Partido Popular en Lugo, María Ángeles Lenza López foi proclamada candidata á presidencia do Partido Popular de Pol logo de constatar que a súa é a única candidatura presentada tralo remate do prazo oficial para poder facelo.

Esta inxeñeira forestal, nada en 1980, está ligada ao Partido Popular dende o ano 2007 e xa ten experiencia política contrastada posto que actualmente exerce de edil no concello polense e foi de número dous na lista nas pasadas eleccións municipais.

Previsiblemente, María Ángeles Lenza, substituirá na presidencia a quen foi ata o de agora presidente do PP en Pol e alcalde en dito concello durante 20 anos, José Luis Fugarolas.

Agora serán os militantes os que, de xeito directo, escollan, á nova dirección local no congreso local previsto para o vindeiro día 28 de xuño.