Lugo, 12 de xuño de 2012.- Nunha visita, esta mañá, á estrada provincial, 2901 LU-232 por Burgo- Vilamaior de Negral a Palas de Rei, a voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia e o edil popular, Manuel López, denunciaron o pésimo estado que presenta este vial e a problemática que xera para tódolos veciños, viandantes e conductores que fan uso das mesma.
Candia e López escoitaron “in situ” as queixas de un gran número de veciños da zona, quenes trasladaron o seu malestar e enfado por mor do pésimo estado no que se atopa a vía.
“Os veciños están fartos desta situación”- manifestaron os populares quenes engadiron que as inmensas fochancas dificultan a circulación e provocan estragos nos coches que pasan pola vía e poñen en perigo a vida dos conductores e viandantes.
Elena Candia e Manuel López insistiron en que non se pode agardar a que pase unha desgracia para que se arranxen as estradas polo que instaron a Besteiro a que realice, de maneira urxente, as obras de conservación e mantemento nesta estrada.