Lugo, 10 de xuño de 2013.- A antigua biblioteca de Burela acollerá o vindeiro sábado, día 15, ás 12:00 horas, un congreso local no que o actual rexedor, José María González Barcia será elexido presidente do PP neste concello.
Transcurrido o prazo para optar á Presidencia, o agora alcalde, José María González Barcia foi o único que se presentou a liderar o partido neste concello lucense.
A celebración de dito conclave celebrarase logo de que o PP acadase o reto de recuperar a alcaldía e da conformación dun equipo unido e sólido, que foi quen de obter a confianza maioritaria dos veciños desta localidade.
Tras o de Burela, os populares continuarán na liña de convocatoria de conclaves locais en distintos puntos da provincia co obxectivo de desenvolver un amplo proceso de renovación e elección democrática nun importante número das súas formacións locais.