Partido Popular de Lugo

Jose Álvarez único candidato a presidir o Partido Popular de O Incio

Lugo, 10 de xuño de 2013.- Segundo deu a coñecer esta mañá a dirección provincial do Partido Popular de Lugo, José Álvarez é o único aspirante a presidir o Partido Popular de O Incio.

Previsiblemente, Álvarez será elexido presidente desta formación política local nun congreso terá lugar o vindeiro venres día 14 de xuño ás 21:00 horas no mesón do Tunel.

En dito conclave estarán presentes o presidente dos populares lucenses, José Manuel Barreiro, o secretario xeral do PPdeLugo, José Manuel Balseiro así coma outros cargos políticos da zona.

Será polo tanto, este avogado, nado en 1980, en O Incio , quen lidere a candidatura chamada a renovar a actual Executiva local e a tomar o relevo na presidencia a José Antonio Valcarcel,que ata o de agora viña exercendo este cargo e que decidiu non presentarse á reelección tra-la súa traxectoria ao fronte do Partido Popular neste concello.