Partido Popular de Lugo

Renovación na dirección local do partido popular de Chantada que dende hoxe encabeza Javier Rodríguez Medela

Lugo, 8 de xuño de 2013.-  Os afiliados do Partido Popular de Chantada elixiron como novo presidente da xunta local a Javier Rodríguez Medela, durante un conclave celebrado esta mañá no restaurante Mogay da localidade.

Durante o transcurso do acto, Rodríguez Medela explicou que asume este novo reto co obxecto de fortalecer e impulsar o partido coa vista posta a engraxar a formación política de cara aos comicios e para lograr que o PP en Chantada volva a ser a primeira forza política neste concello.

“Vamos a poñer todo o empeño para que os erros do pasado non repitan nun futuro” manifestou o recén elexido presidente quen destacou que a nova dirección local está formada por un  grupo de persoas e con calidade humana excepcional e cun gran aporte de ideas”.

Recalcou Rodríguez Medela que os intereses xerais teñen que primar sobre os partidistas e que o obxectivo principal para os poopulares é  traballar por Chantada.

“Atraer xente nova a este proxecto e que os populares en Chantada volvamos a ser a primeira forza é outro dos nosos obxectivos”- manifestou o recén elexido presidente, quen engadeu que a política é intentar solventar os problemas de tódolos veciños e non incentivalos.

O recén elixido presidente, nomeou ao comité local,formado por xente xoven, cunha media de corenta anos,  entre os que figuran: Arturo Blanco Vilela, Francisco Javier Maciñeiras Fernández, Manuel Javier Goyanes Cereijo, Erica Fernández Ledo, Verónica Prado Dieguez, Aquilina Martínez García, Javier López Viana, Jesús Rey Guerra, Victoria Lemos Novoa, José Blanco Gómez, Vicente Vázquez Dieguez, Alfonso Figueroa González, Alfonso López Somoza, Ángel Corredoira Brao e Sergio Vázquez Yebra.

Javier Rodríguez Medela foi o único aspirante e contou con máis do dobre dos avais necesarios para presentar a súa candidatura, cando tan só precisaba o apoio explícito de 25 afiliados e presentou máis de medio cento de sinaturas de militantes do Partido Popular de Chantada.

Traxectoria

Rodríguez Medela, de 47 anos, xa ten experiencia política contrastada xa que foi concelleiro do Equipo de Goberno Municipal entre os anos 1991 e 1995, onde exerceu como edil responsable de Cultura. Está ligado ao Partido Popular desde o ano 1989.

Sempre mantivo unha ampla implicación na vida social e cultural de Chantada e de feito preside a asociación cultural Amigos do Folión e, foi responsable, durante 12 anos, da Feira do Viño de Chantada e da organización doutros eventos de carácter lúdico-social.