Partido Popular de Lugo

O PPdeLugo gaña en proximidade á cidadanía e capacidade de iniciativa política

Lugo, 7 de xuño de 2013.- O presidente provincial dos populares lucenses e voceiro do Grupo Popular no Senado, Xose Manuel Barreiro, presidiu a primeira xuntanza dos coordinadores sectoriais do partido, no encontro tamén participou o secretario xeral Jose Manuel Balseiro. Nesta nova etapa de traballo o PPdeLugo aspira a gañar en proximidade ao cidadá e en capacidade de iniciativa política.

Deste xeito, complétase e ponse en marcha a nova estrutura executiva do partido na que gaña peso tanto o ámbito territorial como o sectorial, cun obxectivo claro: facer da dirección un órgano máis participativo e desenvolver actuacións de impulso tanto no territorio como nos principais ámbitos de actuación social.

MÁIS PROXIMIDADE

O presidente provincial insistiu en pedir aos coordinadores que estean moi en contacto cos cidadáns e de feito recomendou pulsar a opinión da rúa e traducila en propostas. A directriz busca vincular aínda máis directamente o partido cos lucenses, e cos distintos sectores sociais, en definitiva, gañar en proximidade.

Os integrantes das distintas coordinadoras sectoriais acolleron con satisfacción a apertura á sociedade do partido e do traballo que se desenvolve nas distintas administracións e comentaron a necesidade de contar co apoio dos militantes para difundir as ideas centrais de acción política da formación, e para escoitar e enriquecer o proxecto popular lucense.

Entre as suxestións baralladas figura o impulso dos foros de reflexión nos que se poidan verter propostas e proxectos por parte de integrantes dos distintos sectores que deberán ilustrar accións concretas en ámbitos determinados e en aspectos de especial interese para a provincia e para as distintas comarcas tales como medio rural, educación, industria, voluntariado, sanidade, territorio,… etc.

COORDINADORES SECTORIAIS

Os novos coordinadores sectoriais son: polo Medio Rural: José Pardo Lombao; no ámbito da Pesca: Jesús Novo; en Benestar Social: María Luisa Macía; na área de Sanidade: José Manuel Piñeiro; na de Ordenación do territorio e urbanismo: Javier Jorge Castiñeira; en Infraestruras: Demetrio Salgueiro; en Traballo e Promoción Económica: Justo de Benito; en Industria: Juan Carlos Serrano; en Igualdade: Pilar Varela, en Deportes: José Manuel Arias; en Voluntariado: María Josefa Gómez, en Novas Tecnoloxías: Manuel Antonio Fernández; en Educación: Lourdes Yáñez; en Comercio: Antonio González Madarro; en Turismo: Jesús López Penabad; en Comunicación e Relación institucionais: María Villares; en Acción Exterior: Pablo Taboada, en Medio Ambiente: José María Teixido; e, finalmente, en Acción Política, Juan Antonio Gallego.

As persoas citadas serán as encargadas de coordinar a estratexia a seguir en cada un dos distintos ámbitos. O obxectivo é que cada un deles no seu campo, estean en contacto co sector que teñen asignado así como cos afiliados, impulsando iniciativas de acción nos distintos asuntos que lles afectan.