Partido Popular de Lugo

O PP de Guitiriz nomea presidente a José María Teixido Núñez

Lugo, 7 de xuño de 2013.- A Casa Habanera de Guitiriz,  acolleu esta tarde-noite un congreso local no que o actual rexedor, José María Teixido Núñez foi elixido presidente dos populares neste Concello.

No acto participaron o presidente dos populares lucenses, José Manuel Barreiro e o secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro así coma outros cargos públicos electos do PP na zona.

O conclave celebrouse logo de que o Partido Popular acadara o reto de recuperar a alcaldía nas pasadas eleccións municipais e polo tanto, logo da conformación dun equipo unido e sólido, que foi quen de obter a confianza maioritaria dos veciños deste concello da Terra Chá.

O recén elexido presidente presentou a lista do comité local, no que figuran: vicepresidente, José Blanco; secretario xeral, José Trinidad; secretario de organización, Álvaro Acción; secretaria de xuventude, emprego, turismo, sanidade, deportes, comunicados de prensa e voceira, Ana Broz; secretaria de xubilados, dependencia, asociacións axudas no fogar, excursións e tempo libre, Manuela Carballeira; secretario de agricultura, gandeiría, comunidades de montes, cooperativas, granxas, concentración parcelaria, carne, leite, madeira, plantacións, repoblacións, productos típicos, feiras e mercados,  José Pereira; secretario de ordenación do territorio, estradas, rúas, industria, comercio e urbanismo, María del Carmen Saavedra; tesoureiro, Antonio García e secretario de formación, Rafael Saavedra.

Vocais: Carlos Tomé, Roberto Pereira, José Luís Serén, Jesús Tomé asi coma tódolos da lista e colaboradores das pasadas eleccións municipais.

Fai case un ano que José María Teixido, fíxose cargo da xestora do PP a nivel local e co congreso de hoxe accede á Presidencia logo da elección directa por parte dos afiliados do partido a nivel local. A súa foi a única candidatura que optou a liderar o partido.

FORMACIÓN E EXPERIENCIA POLÍTICA DE JOSÉ MARÍA TEIXIDO

Nado en Guitiriz o 1 de novembro do ano 1960, José María Teixido é empresario e coordina esta labor coa de rexedor. Está casado e ten 2 fillas. No tocante ao eido político, é alcalde deste concello chairego dende as pasadas eleccións (maio de 2011).