Partido Popular de Lugo

BALSEIRO INTERÉSASE POLOS APOIOS DA XUNTA A PROXECTOS QUE BUSCAN O AUMENTO DO VALOR ECONÓMICO DOS MONTES

Santiago, 7 de xuño de 2013.- O portavoz da área de Montes do Grupo Parlamentario Popular e Secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro rexistrou unha iniciativa parlamentaria a través da que se interesa polos apoios previstos pola Xunta de Galicia dirixidos ao incremento das masas forestais e o aumento do valor económico dos montes.

O parlamentario popular quere coñecer os plans do Goberno autonómico para afianzar ao sector forestal galego no lugar de privilexio que ostenta. De feito, lembra que Galicia é a maior potencia forestal de España e unha das máis importantes de Europa, feito avalado polos datos que indican que só na nosa comunidade a súa superficie forestal arborada representa o 48% da totalidade do territorio, superando as 1.400.000 hectáreas e cunha alta produción de madeira, próxima ao 45% da produción nacional.

Balseiro dixo que o Grupo Parlamentario Popular ven defendendo o impulso e o apoio de todos aqueles proxectos estratéxicos que, de xeito estruturado e conexo, estean dirixidos a estes obxectivos e, moi en concreto, a aproveitar as vantaxes deste recurso natural moi abundante na nosa terra, os nosos montes, como oportunidade contra a crise.

De feito Balseiro cre que no monte galego hai diversas iniciativas de carácter positivo, no ámbito da posta en valor forestal e de feito nomea dous proxectos xa en marcha que, ademais de exemplos a seguir son tres auténticos referentes forestais: A xestión sostible e a certificación da madeira producida nos montes comunais de Trabada (Lugo), a conversión do monte en pastizal na Fonsagrada (Lugo)

TRABADA

Neste concello da Mariña lucense, Trabada, acadouse fai máis de dúas décadas a unión de medio milleiro de propietarios e máis de 11.000 montes para poñer en marcha tres concentracións parcelarias privadas e unha pública; unhas 2.000 hectáreas de monte ordenado neste municipio.

Entre as vantaxes que propiciou este sistema, ademais da redución de custes que supón poder compartir servizos de curta ou de limpeza e de aplicación de tratamentos, os montes resultantes, pola súa dimensión, son espazos aptos para que, en cada unha de forma independente, poida desenvolver unha xestión forestal adecuada. A concentración tamén permitiu certificar, e polo tanto dar maior valor, á madeira producida. Este aproveitamento da madeira serve tamén para corrixir un dos grandes problemas da explotación forestal en Galicia, como son a dispersión da propiedade e a gran superficie improdutiva. Pero é que tamén constitúen un espazo forestal de gran valor natural e turístico xa que logo, a través das rutas habilitadas, descóbrense paraxes irrepetibles que comparten espazo con producións forestais viables e ordenadas.

A FONSAGRADA

No caso da Fonsagrada o incremento do pastizal consegue que o monte xere beneficios económicos que revertan na comunidade de propietarios e que promoven o mantemento de poboacións nas entidades rurais.