Partido Popular de Lugo

Ulla: “traballaremos para gañar as vindeiras eleccións con maioría absoluta e para recuperar a Deputación de Lugo”

Lugo, 1 de xuño 2013.- A casa da cultura de Begonte,  acolleu esta mañá un congreso local no que o actual rexedor, José Ulla Rocha foi elixido presidente dos populares neste Concello.

No acto participaron o presidente dos populares lucenses, José Manuel Barreiro e o secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro así coma outros cargos públicos electos do PP na zona.

O recén elexido presidente presentou ao comité local, entre os que figuran: Luis Luaña, José Antonio Vázquez, Aurora Braña, María José Suárez, Eduardo Antonio Pérez, Tomás Parga, Sonia Vilasuso, José Pico, Manuel Lombao e Carlos Walter Castro.

Ulla fixo un balance de goberno popular ao fronte do concello de Begonte e destacou que o primeiro que o seu partido levado a cabo ao chegar a alcaldía foi: facer unha análise da economía, reducir o gasto corrente ao mínimo posible e optimizar recursos. Afirmou que o goberno popular foi quen de pagar as facturas, non endebedar o Concello e non ter así que recurrir a ningún plan de axuste.

Manifestou Ulla que o seu goberno apostou dende un primeiro momento por un traballo ben feito e que arestora os resultados van indicando  que se vai por bo camiño.

Lembrou o recén elexido presidente local que se recuperou a alcaldía no Concello e tamén se conseguíu os gobernos tanto a nivel autonómico e nacional . Dixo Ulla que o seguinte obxectivo é gañar as vindeiras eleccións con maioría absoluta e recuperar a Deputación de Lugo.

Apostou o popular por  un partido forte que chegue aos veciños e polo traslado do programa do PP aos mesmos e destacou a importancia do bo funcionamento do partido a nivel interno.

FORMACIÓN E EXPERIENCIA POLÍTICA JOSÉ ULLA ROCHA

Natural de Begonte, José Ulla Rocha, naceu o 12 de xuño de 1970. Está casado e ten un fillo. Veterinario de profesión, ten dedicación parcial que compaxina coa tarefa de alcalde.

Como experiencia política destacan os oito anos como tenente de alcalde no goberno de Pena Rábade, catro anos como voceiro na oposición en dito concello e, dende fai dous anos, e ata a actualidade, é rexedor do concello begontino.