O Valadouro, 31 de maio de 2013.- O Partido Popular logo das afirmacións efectuadas hoxe polos concelleiros asinantes da moción de censura do Valadouro dixo que non é suficiente con declaracións de boas intencións e que PSOE, Udival e BNG teñen a obriga de facer público o seu pacto de inmediato, sen máis atrasos, nin dilacións. Non hai escusa que valla.
OS VECIÑOS TEÑEN DEREITO A COÑECELO
Desde o PP sosteñen que os veciños teñen dereito a saber, e sabelo con anterioridade, cales son os compromisos e as contrapartidas ás que se teñen comprometido estes concelleiros que buscan apartar da alcaldía ao PP, á candidatura máis votada nas últimas eleccións municipais. Os populares consideran gravísimo que PSOE, Udival e BNG resten importancia a iniciar un novo mandato cun pacto de Goberno oculto.
Os populares volven a preguntarse se o pacto é tan estupendo e positivo como dicen os asinantes, por que teñen tantos reparos a facelo público, xa non porque o esixe o PP, senon porque é xusto dalo a coñecefr a todos os veciños. Tanto segredo leva ao PP a sospeitar que a integridade do documento notarial podería conter cláusulas moito máis graves das que veñen a poñer prezo -100.000€- á gobernabilidade do Valadouro.
UNHA OPORTUNIDADE PARA RECTIFICAR
Finalmente o PP di que co gallo do debate da moción de reprobación que terá lugar hoxe no pleno municipal as tres forzas políticas -pero moi especialmente o BNG- teñen oportunidade de rectificar o seu apoio a un pacto que condiciona económicamente e pon prezo á alcaldía do Valadouro. «Deixar claro que a moción de censura pode ser lexítima, pero nunca un Goberno que nace da desconfianza mutua, baixo segredos e cunha cláusula económica, non política»
No PP están á espera de que Besteiro, secretario xeral do PSOE de Lugo e aspirante ao liderado do PSDeG desautorice esta práctica, e rectifique, xa que foi o instigador deste pacto que causa indignación e sorpresa entre todos os que defenden un sistema máis democrático e transparente.