Rábade 31 de maio de 2013.- A presidenta e voceira do PP de Rábade, María Luisa Macía, tachou esta mañá de “auténtico mentireiro” ao señor Fernández Montes, por manifestar na sesión plenaria municipal de onte, que o PP lle había ofrecido a alcaldía ao voceiro socialista.
“En ningún momento lle ofrecín ao voceiro socialista a alcaldía. Simplemente, nunha xuntanza informativa coa Comisión de Festas e a Asociación Mestre Crisanto, comentouse que si o rexedor, non conseguía un acordo para aprobar os orzamentos, tiña vía de presentar unha moción de confianza. Ante isto, o rexedor, Fernández Montes, respondeu que non tiña pensado someterse a esto e que fose a oposición (formada por PP e PSOE) a que presentase unha moción de censura”- manifestou Macía, quen engadiu que foi aquí, cando en ton distendido, “afirmei que dunha posible moción de censura podería saír un novo rexedor, tanto do PSOE coma do PP, pero nunca, se negociou nin dixen nada ao respecto”.
SOBRE PROPOSTAS POPULARES: CAMPO DA FEIRA E PRAZA DE ESPAÑA
A popular lamentou que o grupo de goberno non tivera en conta as propostas do seu partido, tales como a reforma do campo da feira e praza de España, entre outras.
“Existen fases na execución de obras”- afirmou Macía, quen engadiu que estas construccións son primordiais e moi demandas por tódolos veciños de Rábade e que o grupo de goberno o que fixo, foi por desculpas para non aprobar as propostas populares, manifestando que ditas construccións suporían unha gran contía económica; ante isto, o PP respondeu que son os técnicos os teñen que facer as memorias das execucións destas obras.
PREGUNTA POPULAR: ORGANIZACIÓN DE FESTAS E ESCOLA DE MÚSICA
A presidenta e voceira popular criticou que o rexedor rexeitase seguir coa organización de festas (algo que levaba feito dende que chegou a alcaldía) e escola de música atribuíndo que non eran viables economicamente para o Concello. Lamentou Macía que priorizase outras actuacións e non a organización de festas e a escola de música, tras incluílas no plan de axuste.