Partido Popular de Lugo

Francisco Javier Balado Teijeiro foi elexido presidente do PP de Castro de Rei

Lugo, 31 de maio de 2013.- O restaurante Ría Lea,  acolleu esta tarde-noite un congreso local no que o actual rexedor, Francisco Balado foi elixido presidente dos populares neste Concello.

No acto participaron o presidente dos populares lucenses, José Manuel Barreiro e o secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro así coma outros cargos públicos electos do PP na zona.

O conclave celebrouse logo de que o Partido Popular acadara o reto de recuperar a alcaldía e polo tanto, logo da conformación dun equipo unido e sólido, que foi quen de obter a confianza maioritaria dos veciños desta localidade.

O recén elexido presidente presentou a lista do comité local, no que o 80% está formado por membros da candidatura coa que discorreu aos comicións municipais.

Xa fai un ano Francisco Balado fíxose cargo da xestora do PP a nivel local e co congreso de hoxe accede á Presidencia logo da elección directa por parte dos afiliados do partido a nivel local. A súa foi a única candidatura que optou a liderar o partido.

FORMACIÓN E EXPERIENCIA POLÍTICA FRANCISCO BALADO

Natural de Castro de Rei, naceu o 29 de maio de 1974. Está solteiro e é avogado de profesión, tarefa que compaxina coa de rexedor.

No tocante a súa experiencia política, foi voceiro local dende 2007 e dende as pasadas eleccións municipais é rexedor. Tamén é deputado provincial.