Partido Popular de Lugo

Candia: «O que é medible non é interpretable e os datos recollidos en documentos oficiais mostran que os orzamentos da Deputación se quedan en papel mollado»

Lugo 30 de maio de 2013- A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, asegura que “o que é medible non é interpretable”, en referencia ao dato que reflexa que a Deputación Provincial de Lugo deixou sen executar durante 2012 preto de 30 millóns de euros destinados á creación de novos investimentos e infraestruturas.

Neste senso, Elena Candia engade que os datos da liquidación orzamentaria a data 31 de decembro de 2012, recollidos en documentos oficiais e publicados na propia páxina web, constitúen a mostra máis fehaciente de que as promesas de José Ramón Gómez Besteiro se “están a quedar en simple papel mollado”.

A documentación que se adxunta amosa que o capítulo VI de Investimentos Reais contou cun nivel de execución orzamentaria inferior ao 40% -38,83%-, quedando uns remanentes de 29.748.584,54 euros (créditos non gastados).

O Grupo Provincial Popular está a realizar o seu deber de fiscalización e control dun equipo de goberno que a miúdo se “desacredita”, xa que os papeis “amosan as súas reiteradas mentiras”, coas que intentan xustificar “a súa incompetente xestión”, explicou Candia.

A popular lamentou que “o non traballo e a preocupación unicamente pola súa imaxe” estea a repercutir de forma negativa nos lucenses, que se viron privados de novas infraestruturas e outros equipamentos por un valor de preto de 30 millóns de euros.

Neste senso, a popular reitéralle a Gómez Besteiro que cumpra coa súa obriga como “presidente provincial e empregue os recursos públicos con eficacia, ao igual que está a facer cos fondos destinados a propaganda, cuxos gastos supuxeron un importe de 95.957 superior ao previsto.