Os afiliados do PP de Monforte do Lemos, nomearon esta mañá a Julia Rodríguez Barreira, presidenta da agrupación do PP na cidade do Cabe.
Esta decisión adoptouse nun congreso local no que estiveron presentes o presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, o presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro e o secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, así coma outros cargos públicos electos do PP na zona.
Julia Rodríguez toma o relevo na Presidencia ao senador Dámaso López ,que ata o de agora viña exercendo este cargo e que decidiu non presentarse á reelección tras unha longa traxectoria ao fronte do Partido Popular de Monforte.
A lista liderada por Julia Rodríguez Barreira consta dos seguintes integrantes: Francisco José Rodríguez Cela, José Manuel Puga Gómez, Purificación Argiz Quintas, María Pérez Naveira, Ana María Díaz Novoa, José Antonio Rodríguez Domínguez, José Ramón López Vázquez, Fernando Varela Fernández, Víctor Manuel Rodríguez López, Juan Alberto Piñeiro Tojo, Emilio Iván Vázquez, Andrés Rodríguez, Constantino Castro Rego, Corona Pilar Carreira Rodríguez, José Manuel Rivero Vázquez, Alejandro Heranda Rollón, Consuelo María Losada, Rodríguez, Eleuterio López Louzao, Alejandro Sousa Escandon, Antonio López Senra, Milagros Fernández Rodríguez, José Antonio Eiriz López, Roberto Rodríguez Álvarez, Manuel López Eiriz e Carmen Pérez Álvarez.
Coa de hoxe, é a sexta cita destas características celebrada a nivel local dende o conclave provincial do PP.
INCREMENTO NA PRESENZA DA REDE
O Partido Popular de Monforte aproveitou a celebración do Congreso Local para dar conta de tres novas ferramentas de comunicación coas que pretenden estar máis preto dos cidadáns. Desde este mesmo sábado e tras a inauguración por parte de Julia Rodríguez o PP de Monforte contará cunha nova Web (www.ppdemonforte.com) a través da que dar conta de todas as súas iniciativas e de cara a tender unha ponte con todos os veciños e veciñas cos que agardan estar “en permanente contacto”.
A maior presenza dos populares na rede complétase cos perfiles nas redes sociais Facebook e Twitter a través do nome PP de Monforte. Julia Rodríguez lanzou unha mensaxe de benvida a todos os navegantes aos que convidou a empregar estas novas canles de comunicación co partido de cara a ofrecer as súas opinións, queixas ou suxestións.
BIOGRAFÍA E TRAXECTORIA DA RECENTE ELEXIDA PRESIDENTA DO PP LOCAL DE MONFORTE DE LEMOS, JULIA RODRÍGUEZ
Natural de Monforte, Julia Rodríguez Barreira, naceu en 1967. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, compaxinou o exercicio profesional da avogacía coas súas responsabilidades políticas, onde xa dispón dunha ampla experiencia e grande responsabilidade.
A nivel local liderou o Grupo Municipal do Partido Popular onde ostentou a portavocía dende o 2011. Nese ano foi a primeira ocasión na que se presentou como cabeza de lista do PP ás eleccións locais, acadando 6 concelleiros, un menos que os do actual alcalde e aumentando o respaldo electoral en 12,5 puntos porcentuais e máis de 1.600 votos.
Exerceu como senadora pola provincia de Lugo ata a súa elección, o pasado mes de outubro, como deputada no Parlamento de Galicia onde exerce a portavocía de Igualdade do Grupo Parlamentario Popular. Nas últimas eleccións autonómicas, con Julia Rodríguez integrando a candidatura, o PP obtivo en Monforte o respaldo maioritario dos veciños.