Partido Popular de Lugo

O PP de Rábade solicitou o acceso á documentación que acredite tódolos gastos que se aboaron con cargo a partida de materiais, suministros e outros e o seu nivel de execución

Rábade, 22 de maio de 2013. A voceira e presidenta do PP de Rábade, María Luisa Macía, solicitou o acceso á documentación que acredite tódolos gastos que se aboaron con cargo a partida de materiais, suministros e outros e o seu nivel de execución.

A popular tamén pedíu a certificación da intervención do concello de cal é o grado de execución de ditas partidas e qué pagos son feitos con cargo as mesmas.

María Luisa Macía lembrou que 653.848€ pertencen a partida orzamentaria correspondente a materiais, suministros e outros do ano 2011, que é o orzamento vixente e prorrogado. Neste senso, os populares manifestan que non é normal que unha partida tan xenérica dispoña dunha tan elevada contía económica.

A popular insistíu en que non se poden aprobar uns orzamentos de 1.257.400,000, onde 552.200€, que supón preto dun 45%, van en partidas sen concretar