Partido Popular de Lugo

Francisco Balado será elixido presidente do PP de Castro de Rei nun congreso local que terá lugar o 31 de maio

Lugo, 18 de abril de 2013.- O restaurante Ría Lea,  acollerá o venres día 31 de maio, ás 22: 00 horas, un Congreso local no que o actual rexedor, Francisco Balado será elixido presidente dos populares neste Concello.

Transcurrido o prazo para optar á Presidencia, o agora alcalde, Francisco Balado foi o único que se presentou a liderar o partido neste concello lucense.

O Congreso local do PP de Castro de Rei é a séptima cita a nivel local que conmemorará o Partido Popular de Lugo logo da celebración do seu congreso provincial no que resultou reelixido José Manuel Barreiro como presidente lucense.

FORMACIÓN E EXPERIENCIA POLÍTICA FRANCISCO BALADO

Natural de Castro de Rei, naceu o 29 de maio de 1974. Está solteiro e é avogado de profesión, tarefa que compaxina coa de rexedor.

No tocante a súa experiencia política, foi voceiro local dende 2007 e dende as pasadas eleccións municipais é rexedor. Tamén é deputado provincial.