Partido Popular de Lugo

O PP de O Incio celebrará o seu Congreso o 14 de xuño onde elixirá ao seu novo presidente

O Incio, 17 de maio de 2013.- Os militantes do Partido Popular de O Incio elixirán ao seu novo presidente e ao conxunto da dirección local no Congreso que esta formación política ten previsto celebrar o venres 14 de xuño. Así o deron a coñecer hoxe desde a dirección provincial dos populares lucenses logo da xuntanza que mantiveron o presidente local saínte, José Antonio Valcárcel, co máximo responsable do PPdeLugo, José Manuel Barreiro e co secretario xeral, José Manuel Balseiro.

A decisión de José Antonio Valcárcel de non optar á reelección implica dar paso á renovación da actual dirección local que viña exercendo as súas responsabilidades desde decembro do ano 2009, data de celebración do anterior Congreso. Por esta razón, Barreiro quixo poñer en valor o moito traballo desenvolvido polo presidente saínte e o seu equipo, así como os esforzo polo fortalecemento dun partido que foi a forza política máis votada nas eleccións locais pero non puido manter a alcaldía por un triplo pacto entre PSOE, BNG e CDL. A nova dirección ten como reto consolidar ao PP como alternativa de goberno.

Pola súa parte, José Antonio Valcárcel, tivo palabras de agradecemento aos integrantes da dirección do PP local que lle acompañaron neste anos, así como tamén ao ex- alcalde Ángel Camino e ao conxunto dos militantes polo apoio recibido. Quixo salientar que da o paso para que outra persoa acolla a presidencia pero que seguirá formando parte do proxecto popular de O Inicio, como concelleiro da actual Corporación municipal, responsabilidade que xa exerceu entre os anos 2000 e 2003.