Negueira de Muñiz, 16 de maio de 2013.- Logo de saír publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia a adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de residuos urbanos, o voceiro do PP, José María Braña, agradece ao Goberno Autonómico o seu compromiso con este este concello.
O popular destacou a importancia desta construcción que conta cun orzamento de 127.738,04 € e está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do Programa operativo Feder-Galicia 2007/2013.
Unha obra moi necesaria para o Concello de Negueira de Muñiz e que será un feito real gracias ao Goberno da Xunta de Galicia.