Partido Popular de Lugo

María Luisa Macía: “O PP fai unha proposta para facilitar que os orzamentos municipais saían adiante condicionada á inclusión dunha serie de obras e actuacións”

Rábade, 16 de maio de 2013.- A presidenta e voceira do PP en Rábade, María Luisa Macía, afirmou, esta mañá, en rolda de prensa, que está disposta a facilitar que os orzamentos municipais poidan saír adiante sempre e cando inclúan unha serie de obras e actuacións, que os propios veciños de Rábade veñen demandando dende fai tempo e que o Goberno municipal ofreceu pero nunca levou adiante.

A presidenta e voceira do PP de Rábade, María Luisa Macía, na rolda de prensa

A presidenta e voceira do PP de Rábade, María Luisa Macía, na rolda de prensa

O PP, como alternativa de goberno, condiciona a súa postura a que as contas municipais acollan unha serie de propostas, tales como:

1-   Reforma integral do campo da feira e praza de España

2-   Rede de saneamento núcleo Breogán

 

3-   Axuda a Asociación Musical Músico Crisanto (20.000€)

 

4-   Adquisición decantador, depuradora de auga

 

5-   Axuda a Asociación xubilados e pensionistas (3.000€)

 

6-   Finalización das obras da piscina municipal

 

7-   Priorizar un plan de emprego para veciños desempregados do Concello

 

8-   Supresión de servizos que os populares considera superfluos e duplicados

PRAZO DE 15 DÍAS

María Luisa Macía deulle un prazo de 15 días ao rexedor para que considere esta proposta de diálogo e deste xeito, desbloquee a situación actual que levou a rexeitar en dúas ocasións a proposta de orzamento realizada polo alcalde.

A popular deixou claro que de non variar a situación actual non aprobarán os orzamentos posto que “en preto do 45% descoñécese o seu destino”, precisamente a idea de reformular esas contas incluíndo as novas propostas servirá para “dar un destino claro aos recursos municipais e servirá para solventar así as necesidades e demandas dos veciños”

GOBERNO EN MINORÍA

Maria Luisa Macia insistiu en que o alcalde debe deixar a súa postura de intransixencia e negociar o contido do orzamento, de xeito consecuente coa situación de minoría na que goberna. De feito lembrou que foron os os  veciños de Rábade os que retiraron a confianza a Fernández Montes para gobernar con maioría absoluta nas eleccións municipais.

Maria Luisa aseverou que é inconcedible a situación de parálise que vive o Concello de Rábade e lembrou que é o rexedor o que ten que asumir esta responsabilidade. Neste senso concluíu manifestando que se o rexedor de Rábade foi incapaz de aprobar os orzamentos que teña a valentía de someterse a unha moción de confianza.