Partido Popular de Lugo

AGUSTÍN BAAMONDE:”HOXE MÁIS QUE NUNCA A LINGUA GALEGA PRECISA DE ACTUACIÓNS CONXUNTAS, PREDISPOSICIÓN AO DIÁLOGO E CONSENSOS ACADADOS CON XENEROSIDADE”

Santiago, 15 de maio  de 2013.- O voceiro de Cultura e Lingua, Agustín Baamonde Díaz, defendeu hoxe no pleno do Parlamento unha iniciativa do PPdeG “encamiñada a conquerir consensos acadados con xenerosidade e predisposición ao diálogo e actuacións conxuntas que hoxe máis que nunca precisa a lingua galega”. Nese sentido indicou que “dende o PPdeG seguimos reclamando, como fixemos dende o primeiro momento, esa posibilidade de camiñar cara ao consenso e o diálogo e o primeiro paso foi non recurrir e acatar a sentenza do TSXG sobre o Decreto 79/2010 sobre o Plurilingüismo para consolidar o fin da confrontación política sobre as linguas cooficiais”.

A iniciativa do PPdeG aprobada no Parlamento solicita  dar os pasos oportunos que permitan abrir ese proceso de diálogo coas principais institucións e organizacións parlamentarias co obxectivo de contribuír a dar nova forza á política lingüística a desenvolver nos vindeiros anos e promover, dentro dese marco de diálogo, unha postura política de máximo consenso posible, respectando os principios que establece a Constitución, o Estatuto de Autonomía e a Lei de Normalización Lingüística de Galicia, tendo como referencia a realidade sociolingüística da comunidade na progresiva aplicación no tempo do Plan Xeral de Normalización da Lingua galega.

Segundo Agustín Baamonde “non hai segredo na postura mantida sempre polo PPdeG  e que conta co respaldo da maioría social de Galicia e que descansa sobre dous pilares: respeto a legalidade vixente e aceptación da realidade bilingüe galega”. Ademais, engadiu, “sempre tivemos claro a necesidade do avance cara a unha política lingüística equilibrada, que permita desenvolver o galego e convivir pacificamente co castelan, e o plurilingüismo”.

O voceiro popular recordou que esa política lingüística estaría baseada nos puntos básicos reiterados en numerosas ocasións polo Presidente da Xunta e referidas ao recoñecemento do galego como lingua propia de Galicia, a coficialidade co castelán, o fomento de medidas positivas en favor da primeira e a liberdade de uso ao respecto de ambalas dúas”.

O voceiro de Lingua do PPdeG lamentou o non apoio dos grupos da oposición a proposta de consenso e pediu aos nacionalistas do BNG que “deixen de considerarase os únicos custodios da lingua” e criticou que “en vez de aspirar a unha convivencia pacífica deixen entrever unha virulencia preocupante co ataque constante as institucións que as defenden”.

Agustín Baamonde non desbotou a posibilidad de conquerir acordos cos outros grupos parlamentarios e pediu que “os socialistas sexan capaces de definir unha postura propia e deixen de ser o reflexo pálido do nacionalismo”.