Pol 14 de maio de 2013.- Os populares de Pol denunciaron esta mañá a débeda que arrastra este Concello debido a gran cantidade de eventos que organizou o rexedor, Lino Rodríguez, e que a día de hoxe están sen pagar. Uns actos que suman unha débeda de aproximadamente 1.000.000€ e que repercutirá no peto de tódolos polenses.
“Gastos de 9.000€ en flores; de 22.000 € en xantares e de 39. 000€ en eventos”- manifestaron os populares, quenes tacharon ao rexedor de “despilfarrador e de levar a cabo eventos por encima de tódalas súas posibilidades”.
O PP denunciou que Lino Rodríguez asinou en febreiro de 2011 un convenio onde se aproba a execución dunha obra co compromiso de habilitar un crédito de 300.587€ nos orzamentos do 2011, 2012 e 2013.
Engadiron os populares que “a finais de 2011, o rexedor pedíu un crédito de preto de 65 mil euros para pagar obrigas pendentes de aplicar no orzamento de 2010; o 30 de marzo de 2012, pedíu máis de 400.000€ para pagar facturas que datan dende o ano 2010 ata o 2012”- manifestou o PP, quen engandíu que a sorpresa foi maior cando, o 3 de maio deste ano, apareceron facturas de 144.620€, referentes aos anos 2010, 2011 e 2012.
Lamentaron os populares que sexan agora os polenses os que teñan que pagar dos seus petos este despilfarro e estes gastos supérfluos organizados polo señor Rodríguez.
“A través dunha suba de taxas, tales coma a do IBI, recollida de lixo, construccións, instalacións e obras, ou pola expedición de documentos e tramitación de expedientes administrativos, os polenses terán que facer fronte a este débeda que arrastra o Concello”- denunciaron os populares, quenes calificaron de denigrante esta situación causada por unha única persoa, que non é outra que o propio alcalde socialista.
Os populares aseguraron que son coñecedores da maneira que teñen os socialistas de gobernar, a cal deixou a España nunha situación nunca vista na historia e denunciaron que situacións coma esta non se poden permitir, polo que seguirán investigando sí existen máis facturas no caixón.