Partido Popular de Lugo

Candia asume a súa reelección coa “responsabilidade” que supón traballar a prol do fortalecemento do partido e da dinamización da localidade

Os afiliados do Partido Popular de Mondoñedo manteñen á fronte da agrupación na localidade a súa veciña Elena Candia, que desenvolve esta labor como presidenta da formación dende o último congreso local, celebrado no ano 2008.

Durante o congreso, Elena Candia contou coa presenza do presidente provincial e portavoz do Grupo Popular no Senado, Jose Manuel Barreiro, do secretario xeral provincial e secretario do Parlamento galego Jose Manuel Balseiro, dos deputados nacionais Olga Iglesias e Joaquín García Díez, do senador Dámaso López, do deputado autonómico Vidal Martínez-Sierra, do subdelegado do Goberno, Ramón Carballo e dos deputados provinciais, Jose Pardo, Jesús Novo e Jose Manuel Gómez Puente así como tamén do subdirector xeral de Prevención e Defensa de Incendios Forestais, Miguel Cela.

No seu discurso, Elena Candia asegurou que asume a súa reelección “coa responsabilidade” que supón traballar a prol do fortalecemento do partido e da dinamización da localidade. A popular manifestou que continua “coa mesma ou incluso maior ilusión que cando comecei no PP local”,  durante unha andaina na que asegura acompañarse “dunha agrupación que considero representativa dos sectores locais e das diferentes parroquias, que traballan e cren que Mondoñedo ten futuro”.

A popular tamén tivo palabras de agradecemento para a dedicación de cada unha das persoas que integraron o comité durante estes últimos anos e que manifestaron o seu compromiso de “loita polos intereses locais, atendendo ás demandas trasladadas polos veciños”.

Comité Executivo de Mondoñedo

No comité que preside Elena Candia, figuran os nomes dos concelleiros do PP na localidade: Ramón García Geada, José Otero Rejes, Aida Basanta Basanta e Mª Teresa Freire Sánchez. Tamén o completan Manuel Otero Legide, Jesus Meilán García, Mª Ángeles Rodríguez Rico, Juan Alfonso Cancela Castro, Guillermo Redondas Vallejo, Miguel Ángel González Veiga e Amador Ángel Guerra Ramil.

No seu grupo de traballo, a presidenta dos populares reflexa a importancia de tres áreas como son industria e turismo, á fronte da que se atopa Manuel Tapia Rivera; en Deporte, Ramiro Chao Rego; e en xuventude, co mozo Marcos Muruais García, á cabeza.

De igual maneira, Elena Candia nomeu representantes do PP nas parroquias mindonienses, que servirán de contacto entre o partido  e o rural co obxecto de ser coñecedores das demandas dos veciños das aldeas. Así, están Daniel Paz Outumuru, en Masma, Coubeira e Viloalle; Gervasia Cabana Eiras, nos Remedios; e Ramón Díaz Barreira; e en Lindín-Argomoso. Mentres que en Santa María Maior estará Irma Iglesias Pérez; en Oirán, Luís Otero Pena; en parroquia Santiago, Arturo Pumariño González; en Sasdónigas; en Figueiras, Sonia Fernández Cillero; San Vicente, María Amparo Anello Gil e en Vilamor, Sonia Lorigados Nogueira.

Formación e experiencia política

Elena Candia López é natural da parroquia do Carme, en Mondoñedo. Licenciada en Dereito, traballa dende o ano 2005 no sector asegurador.

Afiliada ao Partido Popular dende o ano 2004, foi edil de Servizos Sociais e emprego en Mondoñedo ata o ano 2003. Actualmente é concelleira neste Corporación. Con Elena Candia á fronte, o PP local foi a forza máis votada con diferenza nas últimas eleccións locais, incrementando o seu respaldo electoral en cada un dos comicios.

A súa traxectoria política en alza, froito dun traballo rigoroso e implicado, levouna a responsabilizarse da portavocía do PP na Deputación de Lugo, tras a súa elección como deputada provincial polo Partido Xudicial de Mondoñedo (A Mariña) en 2011. Asemade, dende o punto de vista orgánico é responsable dunha das catro vicesecretarías do PP de Lugo dende o último congreso provincial celebrado en marzo, no que resultou reelixido José Manuel Barreiro como líder dos populares lucenses