Os afiliados do PP de Foz nomearon o pasado venres, 10 de maio, a Javier Jorge Castiñeira, rexedor do municipio, presidente da agrupación do PP en Foz. Unha decisión que se adoptou nun congreso local, celebrado na casa da cultura do municipio e no que estiveron presentes o secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, o presidente provincial, José Manuel Barreiro e o secretario do PPdeG, Alfonso Rueda; así coma outros cargos públicos electos do PP na zona. Co este conclave culminouse un proceso de refundación da agrupación, que arrancou no ano 2009, cando a dirección provincial nomeou unha xestora, composta por 25 persoas e con Ramón Fernández á cabeza, que asumiron as rendas do Partido Popular de Foz. Esta tarde, o ata de agora presidente, cedeu a testemuña ao actual rexedor e á persoa que encabezou a candidatura que obtivo maior respaldo electoral entre os veciños deste concello: Javier Jorge Castiñeira.
Os afiliados do PP de Foz nomearon o pasado venres, 10 de maio, a Javier Jorge Castiñeira, rexedor do municipio, presidente da agrupación do PP en Foz. Unha decisión que se adoptou nun congreso local, celebrado na casa da cultura do municipio e no que estiveron presentes o secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, o presidente provincial, José Manuel Barreiro e o secretario do PPdeG, Alfonso Rueda; Co este conclave culminouse un proceso de refundación da agrupación, que arrancou no ano 2009,
A lista liderada por Jorge Castiñeira, que foi a única presentada ao congreso, consta dos seguintes integrantes: secretario xeral, Juan Rivas Nécega; vocais electos, Pedro Fernández Manín, Mercedes González Alonso, María Teresa López Rego, José Ángel Paleo Soto; vocais: Ramón Fernández Fernández, Manuel Martínez Chao, Dolores Fernández López, Pablo Fernández Asensio, José Soto Peña, Ramón Martínez Gómez, José Saa Saa, José Ramón Rodríguez Eijo, José Blanco García, Normando Leivas Rodríguez, José Carlos Paleo López, Mari Fe López López, Antonio Javier García Pérez, Remigia Verdura Montero, María Fernanda Pérez Rodríguez, Ángel Cao Pérez, Dolores Teijeria Fernández, Helena Estoa Díaz, Verísima Eiroá Couto; Novas Xeracións: Roberto Fernández Pena e Isabel Martín Lestegás.
Esta é a terceira cita destas características celebrada a nivel local dende o conclave provincial do PP.
BIOGRAFÍA E TRAXECTORIA DO RECÉN PRESIDENTE DO PP LOCAL DE FOZ
Natural de Foz, naceu no ano 1974. Está casado e ten dous fillos. É arquitecto técnico pola Universidade de A Coruña.
Afiliado ao Partido Popular dende o 11- 5- 2010 e dende xuño de 2011 é alcalde deste concello da Mariña.